CxG de Punxín insta a formar un novo goberno de consenso

O grupo municipal CxG de Punxín solicita a través dunha moción un pacto para a formación dun goberno de consenso, formado por os tres partidos que integran a Corporación (PP, PSOE e CxG).

O portavoz, Eladio Fernández, afirma que o acto administrativo máis importante en cada mandato das corporacións locais é a aprobación do orzamento municipal. “Sen este instrumento xurídico non sería posible gobernar nin dar cumprimento aos proxetos políticos dos gobernos municipais”, sinala. Engade que no pasado pleno ao preguntar ao alcalde, Manuel Vázquez, sobre o orzamento, asegura o concelleiro de CxG que manifestou que “o orzamento de Punxín faino a secretaria” e que ninguén dos concelleiros ten responsabilidades en Facenda. CxG intenta con esta moción “correxir esta situación insostible” e propón un novo gobrerno.

Te puede interesar