Un grupo de veciños recuperou o antigo baile, con roupas vencelladas ós emigrantes no Caribe

A Danza de Xuvencos voltará catro anos despois a Boborás

Catro parellas de xóvenes interpretan a Danza de Xuvencos, hai catro anos. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A ancestral Danza de Xuvencos voltará a ser posta en escea, tras catro anos sen ser organizada, o vindeiro domingo en Boborás, coincidindo coa segunda xornada da 'Festa das Mudaciós' que se celebra na parroquia que dá nome a este baile. Un grupo de veciños desta localidade, coa colaboración do Concello, levou a cabo os ensaios da danza, catalogada no século XVIII, cun equipo de oito xóvenes (catro mulleres e catro homes, según manda a tradición) para interpretala no decurso da procesión da patrona, Santa María de Xuvencos.
Así, iste domingo haberá unha primeira misa ás 10,00 horas na capela de Boborás, e media hora máis tarde xa sairá a procesión cara á igrexa parroquial de Xuvencos, na que os danzantes bailarán durante todo o traxecto, para rematar cunha misa solemne ás 13,00 horas na citada igrexa.

Os bailaríns, que visten roupas vencelladas ó vestiario dos emigrantes en países do Caribe, representan un total de catro movementos ó longo do percorrido, chamados 'paso', 'muiñeira', 'paleado' e 'entrenzado'. O obxectivo desta demostración folclórica é rendir homenaxe a Santa María e Santa Isabel, que intercambian as súas sedes respectivas da igrexa e da capela na primeira 'mudación', e regresan na segunda.

Te puede interesar