A Corporación carballiñesa aprobou unha exención dun 95% nas taxas que deberán abonar os pais pola licencia

A Deputación financiará o valado de peche do centro de minusválidos

Manuel Amil (á esquerda) intervén no pleno, ante a atenta mirada de Carlos Montes e Edelmiro Mateo (a dereita). (Foto: XESÚS FARIÑAS)
O Centro Ocupacional de Minusválidos do Carballiño, que xestionan as súas familias ó traverso da asociación Aspadisi, disporá dun novo valado perimetral coa axuda da Deputación de Ourense.
A institución provincial aportará os 40.000 euros totais que supón o custe da obra, que permitirá pechar o terreo que rodea o edificio na zona lindante co paseo peatonal do río Arenteiro.

Iste foi un dos temas tratados pola Corporación carballiñesa na sesión extraordinaria que se celebrou dende as 13.00 horas de onte, con dúas persoas de público asistente. Así, houbo unanimidade entre os tres grupos políticos (PSOE, PP e BNG) na aprobación do expediente de bonificación do imposto de construccións para acometer esta obra, de xeito que o colectivo Aspadisi abonará un 5% dos 1.200 euros que lle correspondería pagar de taxa, é dicir, tan só 60 euros.

Abstención
Os cinco concelleiros 'populares' abstivéronse nos puntos da orde do día do pleno relativos á ordenanza fiscal e ó regulamento interno das vivendas vacacionais (antes chamados bungalós) instalados no camping municipal. Neste sentido, o portavoz do PP, Argimiro Marnotes, sinalou que 'estudiaremos os dous expedientes a fin de poder presentar alegacións no prazo legal'. O alcalde, Carlos Montes, apuntou que 'a nova normativa de instalacións turísticas obriga a un acondicionamento das infraestructuras, de xeito que poidamos incluir o camping carballiñés na guía nacional, tanto na edición escrita como na que figura en internet'.

La Corporación dejó sobre la mesa la incorporación del Concello al denominado 'Consorcio do Noroeste', en el que ya están integrados los municipios de Carballeda de Avia, Maside, Cortegada, Punxín, Piñor y Boborás.

As opinións dos voceiros

O alcalde do Carballiño sinalou na sesión plenaria que 'a reducción de taxas nas licencias d e construcción para fins sociais é unha boa iniciativa, que xa acordamos o ano pasado para tentar axudar a aqueles colectivos que están a loitar pola inserción laboral dos seus afiliados'.

O voceiro 'popular' asegurou que 'o proxecto de obras para o centro laboral, que xa está na institución provincial para recibir o visto bó, ten que ter o apoio de todos nós'. O concelleiro do PP indicou que 'a bonificación do 95% nos gastos de permisos municipais é unha boa noticia para o colectivo Aspadisi'.

Manuel Amil: “O obxectivo deles é ampliar o centro para unha residencia'
O tenente de alcalde lembrou que 'o proxecto promovido dende hai 15 anos polos pais e nais dos discapacitados aínda está inacabado'. O edil nacionalista apuntou, neste sentido, que 'eles desexan ampliar as instalacións do centro para construir unha residencia onde poidan compartir espazo as familias'.




Te puede interesar