TEATRO

A Escola de Teatro fará unha campaña para captar rapaces

<p></p>
photo_camera O grupo de adultos durante unha hora das clases de teatro, no Auditorio municipal do Carballiño.

O Concello do Carballiño adxudicou en concurso público a dirección a un equipo multidisciplinar

O Concello do Carballiño cambiou este ano o sistema de adxudicación da dirección da Escola Municipal de Teatro, que sempre se fixera mediante adxudicación directa, e convocou concurso público, resultando seleccionado un equipo integrado polo escenógrafo carballiñés Diego Valeiras o director da compañía IlMaquinario, Tito Asorey, e os actores Laura Míguez e Fernando González. Este novo modelo de xestión da escola retrasou o seu inicio nunhos 15 días, o que, en opinión dos responsables da dirección, pudo influir no escaso número de alumnos da sección infantil, tan só dous, que con todo, compénsase coa de adultos, que reúne a 26, e coa dos xóvenes (oito).

Así empezou esta nova andaina a Escola Municipal de Teatro, que proxecta desenvolver una campaña cara o mes de xuño entre os escolares co fin de captar un maior número de matriculados cara o vindeiro curso, "estemos nós ou outra xente na dirección", apuntaba Diego Valeiras. Este escenógrafo carballiñés encárgase de todo o relacionado coa iluminación, indumentaria, espacio escénico e incluso da música, mentres que Asorey asume a dirección e tamén a interpretación, o igual que Laura Míguez e Fernando González. "Cando iniciamos as clases, os rapaces xa tiñan escollidas outras actividades, e por iso imos facer campaña cara o próximo curso", añadía Valeiras.

Do que se senten completamente satisfeitos é da resposta dos adultos, que non se esperaban tan numerosa. "Hai xente do teatro afeccionado, hai outros que queren superar os medos escénicos, desinhibirse, outros que se evaden co teatro, e incluso hai algúns que nunca foron a ver unha representación, e hai de tódalas idades, o maior ten 77 anos", engade este profesional.

Ademais das distintas disciplinas do mundo do teatro, xa se está preparando para xuño unha representación, con textos aportados polos propios alumnos e moitos deles autobiográficos. "O que fago é experimentar, xogar con moita iluminación, que é o que máis lles sorprende, e tamén con música, trátase de chegar ás emocións con pequenos recursos", indica Valeiras, nun ano de intenso traballo, no que despois de facer o diseño escénico dos Premios da Cultura de Galicia, e da súa estadía na Casa Velázquez, en Madrid cunha beca, xa está preparando para a estrea o 9 de abril en Ourense, a montaxe "As andanzas de Paio". "O que falta no teatro é promoción, críticos coma no cine, unha incorporación real á sociedade", manifestou.

Te puede interesar