Un estudio sobre as zonas de sombra garantizará a cobertura da TDT no Carballiño

Un reemisor da televisión dixital terrestre ubicado na zona de Señorín garantizará a cobertura do 100% no casco urbán carballiñés. Este reemisor será financiado integramente pola Xunta de Galicia, con un coste de aproximadamente 38.000 euros.
As obras que debe realizar o Concello consisten na construcción dunha caseta para ubicar o cuadro eléctrico do reemisor, e unha torre de aproximadamente 12 metros de altura. Por outra banda, os responsabeis municipais están buscando a solución para que a cobertura da TDT abarque todo o municipio, e non so á vila. Por elo, solicitaron un informe á empresa que se dedica a instalar os reemisores en toda Galicia, buscando os posibles puntos de sombra que existen.

Zonas de sombra

Os técnicos sinalaron que neste intre hai zonas onde no será necesario a instalación de reemisores, aínda que nun principio estaba previsto, como na Piteira, onde reciben a sinal en perfectas condicións de outro emisor. Neste intre unha das localidades que se poderán ver máis afectadas é a de Varón, atendendo a recepción da sinal actual e o nivel de población que engloba. Cabe destacar que esta zona sempre tivo problemas de recepción da sinal televisiva, incluso ca analógica, motivado principalmente pola orografía do terreo. En caso de ter que colocar un novo reemisor deberá ser costeado integramente polo Concello e, por ese motivo, estanse estudiando os entornos de menor cobertura, así como os que poden beneficiarse de outros emisores cercanos, evitando deste xeito un maior desembolso das arcas municipais.

Pese a todo os responsables da implantación da TDT xa anunciaron que o apagón analógico non se producirá de xeito inmediato en todas as zonas o vindero 18 de xaneiro, xa que non pretenden deixar a población sin o servicio da televisión.

Te puede interesar