A exposición ’Nazón de Breogán’ achega a historia de Galicia ós carballiñeses

Ferreiro Abelleira, Ucha, Tabarés, Siexas, Amil e Antón Pérez.
O Auditorio do Carballiño acolle dende onte a exposición ’Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galicia’, que mostra a historia do país ata o ano 1936, organizada por Vicepresidencia. O acto de inauguración asistiron numerosos veciños en autoridades das tres formacións políticas.
A exposición ’Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galicia’ inaugurouse onte no auditorio do Carballiño, onde permanecerá aberta ó público ata finais de xaneiro. A través de grandes paneis gráficos, a mostra axuda a coñecer máis o pasado para entender o presente e descubrir o que pode deparar o futuro. Deste xeito, presenta un percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936.

Organizada por Vicepresidencia da Xunta de Galicia, esta iniciativa concíbese como unha homenaxe a todos aqueles galeguistas que traballaron polo autogoberno do país, achegando ademais ó espectador a unha rea lidade histórica moitas veces descoñecida, marcada pola cultura castrexa, o Reino de Galicia, ou personaxes coma Prisciliano, Xelmírez, Murguía ou Antón Vilar Ponte.

No acto de inauguración participou o secretario de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema, o delegado provincial, Xosé Francisco Ferreiro, a concelleira de Cultura no Carballiño, Inmaculada Ucha e o comisario da exposición, Miguel Ánxo Seixas, ademais de outras autoridades e numerosos veciños das comarcas do Carballiño e Ribeiro. Despois de que o comisario da exposición fixera un repaso histórico, Xoan Antón Pérez destacou a mostra, porque ’para ter un futuro e un futuro de benestar hai que ter pasado e coñecelo’.

A gran acollida de público que tivo a mostra nas principales ciudades motivou o deseño de unha segunda versión de menor formato para as vilas, coma a que se presenta no Carballiño.

Te puede interesar