A factura dun xantar enfronta a PP e BNG

A concelleira do BNG na Corporación municipal do Carballiño, Áurea Francisco, saliu onte ó paso das manifestacións feitas polo voceiro do PP, Martín Nogueira, nas que atribuía á formación nacionalista a contratación dun xantar o pasado ano.
Concretamente, o tamén tenente de alcalde sinalou na sesión plenaria do pasado mércores que 'aquí hai unha factura do BNG por un xantar de 1.900 euros que aínda está sen pagar'.

Áurea Francisco, tra-las indagacións pertinenetes, descubriu que esa factura 'corresponde ó ágape que se lle ofrece á delegación da cidade alemana de Oberhausen na pasada Festa do Pulpo', asegurou. Polo tanto, o xantar, ó que asistiron concelleiros da Corporación, entre eles o nacionalista Manuel Amil, fora contratado pola alcaldía, en mans do PSOE.

Áurea Francisco suliñou que 'pódennos acusar de facer ben ou mal o noso traballo no Concello, pero nunca de derroches ou de ilegalidades'. Engadiu que 'solicitarei no vindeiro pleno a Martín Nogueira que faga unha rectificación, porque non é máis que un mentiroso'.

Te puede interesar