festividade

A Festa do Pulpo recoñece a La Región Internacional

Ourense. 5-07-2017. Suplemento de la Internacional. Paz
photo_camera Especial co que La Región Internacional celebrou os cincoenta anos do seu nacemento.

O Concello valora que é unha canle de comunicación entre esta celebración e o mundo dos emigrantes

O Concello do Carballiño otorgará unha distinción honorífica a La Región Internacional polo seu 50 aniversario, coincidindo coa celebración da LV Festa do Pulpo, que ten lugar o segundo domingo de agosto. En todas as edicións e como unnha canle de comunicación excepcional entre a Festa do Pulpo, O Carballiño e os carballiñeses e galegos da diáspora, La Región Internacional fíxose eco informativo desta celebración gastronómica, contribuíndo a promocionar a Festa do Pulpo polo mundo adiante.

Segundo sinalan as autoridades municipais, "gracias a La Región Internacional a Festa do Pulpo do Carballiño chegou a todos os países, cidades e centros galegos de Europa e América, publicando noticias e reportaxes que, ao tempo que ensalzaban a magnitude da romaría, deixaban testemuña do encontro dos nosos emigrantes residentes en México, Venezuela, Panamá, Brasil, Arxentina, Alemaña, Suiza, Francia, Inglaterra, Holanda e en moitos máis países nos que había e hai emigrantes da nosa comarca, da provincia e do resto de Galicia".
Engaden, tamén, que precisamente o nacemento de La Región Internacional é case coincidente coa creación da Festa do Pulpo, polo que ambas historias camiñaron prácticamente parellas. 

Por isto, e en recoñecemento do importante papel informativo e divulgativo desenvolvido por La Región Internacional durante todo este tempo, o Concello do Carballiño concédelle unha distinción honorífica co gallo da celebración do seu 50 aniversario.

Esta distinción seralle entregada nun acto que se desenvolverá no salón de sesións do Concello o luns, 7 de agosto, ás 12,00 horas, durante a Semana Grande da LV Festa do Pulpo.

Esta edición dedícase ao Centro Galego de Nuremberg, pero antes xa mereceron este recoñecemento os emigrantes de moitos países europeos e americanos. 

Premio da colectividade española en Uruguay

Ademais da distinción honorífica do Concello do Carballiño, La Región Internacional tamén foi  galardoada pola Federación de Instituciones Españolas en Uruguay con el Premio Colón Especial, mediante o que se lle recoñece o seu "invalorable aporte" ao mundo da emigración. O acto de entrega terá lugar o 12 de agosto, coincidindo coa celebración do 50 aniversario da Federación, fundada en 1967. O Premio Colón é un prestixioso galardón co que esta institución distingue anualmente a persoas ou institucións con méritos na súa traxectoria a favor da comunidade española. A principal obxectivo da Federación de Instituciones Españolas en Uruguay consiste en coordinar as actividades e as relacións entre as institucións españolas naquel país sudamericano.

Te puede interesar