Os fornos cocen 2.000 pezas para a XXIX Festa do Pan de Cea

Presentación Festa do Pan de Cea. Carlos Rodríguez, Manuel Baltar, José Luis Valladares. Paz

Os 13 fornos tradicionais do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea traballan arreo para unha intensa fin de semana de celebración. Son 2.000 as pezas que se teñen previsto vender este domingo, durante a xornada grande desta cita co produto gastronómico máis senlleiro de San Cristovo de Cea.

A programación da XXIX Festa de Exaltación do Pan de Cea comeza hoxe coa VIII Ruta dos Fornos, que levará ás persoas visitantes por un percorrido gastronómico por seis fornos tradicionais. Os menús estarán compostos por distintos produtos con indicativo de calidade como queixos, tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais, mexillóns ao vapor e empanada de Pan de Cea. 

As degustacións contarán tamén coa animación das agrupacións Charanga CLK, Candaira, Feitizo de Pau, Pandereteiras de Cea, Pandereteiras de Celavella e Pratos Mornos. A primeira xornada festiva finalizará coas actuacións musicais do grupo Movilla y los Irresistibles, e Gin Toni’s.

O Campo da Saleta acollerá mañá o día grande que comezará co pregón a cargo de Jose Manuel Vázquez Rodríguez, xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña , presentado por Marisa Crespo Leiro, recentemente nomeada filla predilecta deste concello e que tamén é unha cardióloga e investigadora destacada.

Te puede interesar