Homenaxe á palabra e á natureza

Escolares do Carballiño plantando cerdeiras e olivos,na Insua dos Poetas. (Foto: Martiño Pinal)
A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, foi onte o escenario elexido para a celebración dos días intenacionais da árbore e da poesía, ó que a fundación que leva o mesmo nome da paraxe, engadiu a efeméride da auga.
Resultou ser o lugar idóneo porque serve para o encontro anual de poetas e artistas e pola forza natural deste entorno, onde os escolares do Carballiño recitaron poemas e plantaron cerdeiras e oliveiras, donadas por Aceites Abril, e para o que contaron tamén coa axuda de autoridades e demáis asistentes.
O escritor, Méndez Ferrín, actuou como mantenedor e o fixo dirixíndose ós rapaces cun eloxio á natureza e a poesía, a que se referiu como 'unha necesidade do ser humano, como a música, é o que nos distingue como ser humano', e insistindo en que 'a lingüa galega é o que nos distingue no mundo'. Ferrín sinalaba que 'iniciativas coma esta sálvanse por sí mesmas', engadindo que 'unir a natureza e a poesía debe estar no centro da preocupación de todo o mundo'.
A defensa do idioma galego foi referente en tódalas intervencións, entre elas a do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, mentres o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, manifestaba o apoio do Concello para a continuidade desta celebración. Manuel Baltar tamén confía nesa continuidade coa intención de seguir colaborando con ela: 'Estar hoxe aquí supón un compromiso co desenvolvemento sostible, coa natureza'.
Os escolares recibiron libros de agasallo que lles entregaron os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüistica, Anxo Lorenzo e Valentín García. Clausurou o acto o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez.

Te puede interesar