O CARBALLIÑO

O IES de Carballiño gaña 
o debate sobre igualdade

<p></p>
photo_camera Alumnos do IES de Carballiño que gañaron a primeira fase do Clube de Debate.

Nesta primeira fase os carballiñeses competiron cos institutos de Poio, Ponte Caldelas e catro da cidade de Pontevedra

Os estudantes do Instituto número 1 do Carballiño proclamáronse o sábado, en Pontevedra, vencedores da primeira fase do Clube de Debate encol da desigualdade por razón de sexo e pasaron á fase final, que se desenvolverá na cidade do Lérez o 30 de abril. O equipo carballiñés estivo formado por Víctor Xesús Barreiro, Marta López, Beatriz Blanco, Sandra Pérez, Laura López e Eugenio Martín.

Nesta primeira fase os carballiñeses competiron cos institutos de Poio, Ponte Caldelas e catro da cidade de Pontevedra. Xunto co instituto Luis Seoane de Pontevedra, que tamén se clasificou, enfrontaranse na fase final con institutos do resto de Galicia, debatindo sobre o tema "En galego hai un mundo de cousas boas".

O Clube de Debate está organizada polos concellos con servizo de normalización lingüística e busca promover o uso do galego entre os xoves, incentivar o pensamento crítico e fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia. Dase a circunstancia de que o gañador da edición do pasado ano foi tamén o instituto do Carballiño.

Te puede interesar