Josi Lage: "A asignatura do teatro no ensino faría que os rapaces foran felices"

O CARBALLIÑO (VINOTECA ABADÍA). 04/09/2019. OURENSE. Entrevista a Josi Lage, directora del Festival de Teatro Galego (FETEGA). FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Josi Lage, actriz e directora do Festival do Teatro Galego.
A actriz nada en Arcos, foi protagonista nos últimos 20 anos do Fetega no seu papel de directora

O Festival do Teatro Galego do Carballiño (Fetega) acada nesta mesma semana os 30 anos dunha andaina na que Josi Lage, a actriz nacida en Arcos, a parroquia das pulpeiras, foi protagonista nos últimos 20 no seu papel de directora. Unha adicación que non lle permitía volcarse en exclusiva ó seu traballo profesional, e que, polo tanto, agora decide deixar "nunhas boas mans".

¿Con qué momentos do festival se quedaría?

Con ver a Ernesto Chao ou Celso Parada enrriba do escenario, cando eu só era unha colaboradora na asociación cultural Orballo, quén me iba dicir a min que logo traballaría con Celso en Teatro do Morcego. Ou con Morris, a quen lle pedín daquela un autógrafo, e que hai dous anos lle concedemos o Premio de Honra. O festival antes era coma un neno, e agora xa é maduro e quéroo como se fora un fillo, pero tamén  é un exemplo de cómo os soños chegan a facerse realidade, un reflexo de que se queres algo, ó vas a lograr. Para min a profesionalidade está por riba de todo, e cecais esa sexa a clave do éxito ou de ser eu mesma.

¿Resúltalle difícil deixalo para retomar a súa profesión?

Estou moi emocionada pola homenaxe que me fixeron os compañeiros de equipo na organización por este 30 aniversario, ó poñerme a min no cartel coa faciana identificativa da marca do Fetega, que é o osiño do escudo do Carballiño, e que conlevou unha sesión de tres horas de maquillaxe. Pero chegado o momento, necesito tempo para min e adicarme por completo á miña profesión de actriz, unha meta que sempre quixen dende moi pequena, pasando polo colexio, Orballo Teatro e os meus estudos no ITAE de Asturias. Logo, tras coñecer a José Luis Garci, participei en cine e televisión. Tiven oportunidades de seguir no audiovisual, pero eu son máis de escenario, de sentir a calor do público e incluso poder tocalo, a verdade é que o teatro atrapóume.

¿Debe seguir o festival a liña dos últimos anos?

O único requisito que quero impoñer é que o Fetega manteña a súa sede no Carballiño, porque aquí naceu e aquí ten que quedarse. O festival precisa de xente que poña ilusión, forza, espíritu e ganas, pero ten que ser un festival libre e alonxado de calquera criterio político, un festival do pobo e para o pobo. Penso que vai quedar en boas mans, e o director que o colla xa será o que considere cal é a mellor programación, xa que o que ten éxito non se debe cambiar, como son os espectáculos ó aire libre, pero o festival debe seguir medrando.

¿Goza de boa saúde o teatro galego na actualidade?

Boísima. Iste ano resultoume moi difícil facer unha selección das obras para o festival, porque quedei marabillada do traballo de creatividade e de alta calidade dos meus compeñeiros e compañeiras de profesión, que non teñen nada que envexar en Madrid ou Cataluña. A crise económica deixou moitas compañías polo camiño, pero as que agora están son moi profesionais e están a apostar pola mestura de diferentes artes.

¿Algún proxecto en marcha?

Hai algún, pero non podo adiantar nada. Neste intre, estou totalmente libre e á disposición de poder escoitar calquera oferta tanto no eido teatral coma no audiovisual, que será moi benvida.

¿Cre que o teatro debería ser unha asignatura máis no ensino?

Por suposto. Tan básico como as matemáticas, xa que traballa todo o cognitivo e mental, o rendemento escolar sería óptimo e a nivel personal os rapaces serían máis felices.

Te puede interesar