O magosto máis cultural tivo a súa capital na Insua dos Poetas

WhatsApp Image 2021-11-14 at 19.00.02
Máis de 400 persoas citáronse en Madarnás para compartir a festa máis enxebre do outono. No magosto parroquial de Celanova, supliron a ausencia de castañas con chourizos e empanadas.

Nenos e maiores colgaron onte o cartel de “completo” na celebración do magosto na Insua dos Poetas, o espazo que mixtura natureza e cultura na  A Esgueva ( Madarnás, O Carballliño). Máis de 400 persoas de toda a comarca aceptaron o convite de “Cos nenos na lingua propia” lanzado pola organización para desfrutar dunha tarde de festa, con música e hinchables que fixeron as ledicias de os máis pequenos, e onde non faltaron as tradicionais castañas asadas, chourizos, pan, bica e bebida.

Chuches Amil, Antonio Luz e o grupo ToKaide foron os encargados de poñer a nota musical a unha magnífica xornada, tal é como subliñaba dende a organización Luis González Tosar, que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística ou os representantes institucionais de Boborás, O Carballiño, O Irixo ou Cartelle, entre outros.

Onde non houbo castañas, pero si chourizos e empanadas, foi no magosto organizado pola parroquia de San Rosendo, na vila de Celanova. Tras o éxito do “Samagosto” das escolas deportivas do Concello de Celanova do sábado, os veciños tiveron a oportunidade de seguir onte de festa no Claustro Barroco do Mosteiro. “Hai bolos de chourizo e tamén empanada, pero castañas non, porque este ano eran moi malas”, explicaba o párroco, César Iglesias Grande. A música e o bo ambiente fixo que os asistentes non botaran en falta as castañas, “xa as comemos onte!”, bromeaban.

Te puede interesar