Máis de 300 persoas visitan o camping nunha soa semana

O camping do Carballiño recibiu máis de 300 visitas dende a súa inauguración, o pasado un de maio. Moitas destas persoas se interesaron sobre todo polos servizos que ofrece o camping, así como polos prezos e tempadas nas que está aberto.
Por iso, xa se conta cun 60% de ocupación para esta fin de semana, e se calcula que rondará o 80% nos vindeiros meses.
A estas visitas hai que engadir as recibidas na páxina web en tan so unha semana de funcionamento. Luis Rua, xerente do camping, sinalaba que foron máis de 200 as consultas rexistradas en internet, onde pode facerse un percorrido polas instalacións, o tempo que se informa de lugares de interés da vila e a comarca, danse a coñecer os prezos do camping e tamén a forma de chegar o mesmo. O enderezo é www.campingarenteiro.carballino.org, según apuntou o xerente.

Te puede interesar