A Mancomunidade oferta xogos e talleres para os minusválidos

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño, coa colaboración da Secretaría Xeral de Traballo e Benestar, organiza dende onte e ata o 12 de decembro varias actividades para celebrar o Día Internacional da Discapacidade. O presidente do ente comarcal, Manuel Prado, presentou onte esta iniciativa no Centro Multiusos de Cea, destacando que ‘é un programa que reflexa o estudio que o departamento comarcal de Servizos Sociais realizou o ano pasado’.
Nesta avaliación de necesidades ‘plásmase que a meirande parte das persoas con discapaci dade precisa actividades de ocio e tempo libre en todos os seus ámbitos de actuación, coma cultura, deporte, turismo e xogos’, engadiu Manuel Prado.

Exposición

Deste xeito, esta iniciativa inclúe unhas xornadas de convivencia baixo o lema ‘Ti si que vales’, que se desenvolverán ata o sábado para disfrute das persoas con discapacidade maiores de 18 anos e dos seus cuidadores. Estas sesións celébranse no Centro Multiusos de Cea e consistiron onte en talleres lúdicos e unha exposición dos traballos de artesanía que elaboran os minus válidos da asociación ‘Aspadisi’ no Carballiño, e continuarán hoxe coa ruta do pan de Cea e mañá cunha xornada deportiva.

Finalmente, entre os días 9 e 12 do presente mes, organizaranse uns talleres de sensibilización co lema ‘Se queres podes’, que se levarán a cabo en Beariz, Boborás, O Irixo, San Amaro e Cea, os cinco concellos mancomundados. Estas actividades serán de carácter lúdico e deportivo, para rapaces de 3 a 12 anos.


Te puede interesar