Un milleiro de persoas utilizou o Telecentro municipal dende xaneiro ata xullo

A necesidade de achegarse as novas tecnoloxias fixo que municipios galegos coma Carballiño creasen unha aula multimedia, ubicada no segundo andar da Casa do Concello e aberto todo o ano de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas. Durante o presente ano foron máis de 1.000 as persoas que usaron este servicio de xeito particular, sen contar a todos aqueles que realizaron distintos cursos organizados polo propio Concello, ou por outras entidades.
Entre o público en xeral, a media de uso deste Telecentro foi de 30 persoas por semana, destacando un alto porcentaxe de persoas maiores de 50 anos, algunos dos cales realizaron previamente os cursos de informática que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Os responsables da aula destacan a afluencia de xóvenes, ‘que dispoñen deste espazo para desenrolar distintos traballos escolares, ou ben para o seu ocio persoal’.

Por outra banda, son varios os nenos menores de idade que solicitaron o acceso ó Telecentro, ‘se ben o uso dos ordenadores está suxeito sempre a contar ca compaña dun adulto, padre ou titor, xa que doutro xeito non se lle permitiría acceder a Internet’, sinalan fontes municipais. ademais, ó longo de 2009 foron impartidos 19 cursos, a meirande parte deles convocados polo propio Concello, Deputación provincial de Ourense e o Centro Comarcal do Carballiño.

Te puede interesar