Minusválidos da provincia disfrutaron do torneo de pesca nas augas do río Arenteiro

Un grupo de participantes, nas plataformas do Arenteiro. (Foto: José Paz)
Un grupo de 25 discapacitados físicos da asociación ‘Aixiña’ de Ourense participaron na duodécima edición da ‘Xornada de pesca sen barreiras’, promovida no Carballiño polo colectivo de pescadores, a Asociación de Hoteis, o Patronato Municipal de Turismo e a Fundación Comar cal.
Dende primeiras horas do sábado, estiveron probando sorte coa caña e o sedal nas plataformas habilitadas no río Arenteiro, xunto ó Parque carballiñés.

Os minusválidos estiveron axudados en todo momento por socios da entidade de pesca, perosal sanitario de Cruz Vermella e un equipo de voluntarios de Protección Civil. Xa ó mediodía, desplazáronse ata un restaurante da asociación hotelera, onde xantaron e a organización procedeu á entrega dos trofeos ós tres mellores ‘cañistas’.

Polo serán, os membros de ‘Aixiña’ foron trasladados en autocar ata a vila de Ribadavia, onde visitaron o casco histórico e o Castelo dos Sarmiento, para logo regresar á cidade.

Te puede interesar