Nace un novo coro en Boborás, que se presentará ó público o vindeiro sábado

Coa presenza do alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, da directora Sandra Nasher e membros da xunta directiva, presentouse no Concello o novo Coro Cámara ‘Música Viva’. O rexidor municipal manifestou durante o acto o seu apoio ó proxecto que se iniciaba no pasado mes de abril.
Cipriano Caamaño mostrouse coñecedor do traballo desenrolado ata agora polos compoñentes do grupo e nese senso apuntou que agarda que os veciños de Boborás poidan escoitalo nas diferentes parroquias.

Pola súa banda, Sandra Nasher daba acoñercer o repertorio musical que presentará o coro cámara o proximo 12 de setembro, ás 20 horas, na igrexade Xuvencos (Boborás).

A directora valorou o traballo desenrolado polo grupo, o grado de compromiso dos seus compoñentes e o bo ambiente que existe entre eles. A pesares do pouco tempo que leva na dirección, referiuse a calidade e empaste nas voces, e que a medida que o ritmo de ensaios vaia en aumento, apuntou que se notará nas futuras actuacións.

O presidente do coro, Antonio Rey, agradeceu ó lcalde de Boborás, ‘o apoio e a súa confianza no grupo e nas persoas que o compoñen’, facendo fincapé en que ‘este proxecto é extensible a todas aqueles amantes da música’, sentenciou.

Te puede interesar