Os nenos deseñarán un disfraz de sinal de tráfico

Os rapaces do Carballiño de sete a 14 anos terán a oportunidade de participar nun taller de elaboración de disfraces de Entroido, que impartirá unha licenciada en Belas Artes, Soledad Torres, os días 26 de febreiro e 5 de marzo.
O obxectivo desta actividade é que as nenas e os nenos, ademais de coñecer os diferentes sinais de tráfico, poidan deseñar un disfraz co distintivo de seguridade que elixan para o vindeiro Entroido. A concelleira de Cultura, Asunción Rivero, comentou que iste taller realizarase nas datas indicadas no local de Familias Madrugadoras, en horario de 16,30 a 19,30 horas, cun prezo de matrícula de sete euros para a adquisición do material necesario.

A profesora indicou que 'traballaremos con 17 modelos de sinais e o remate do disfraz leva un casco en cartulina e maquillaxe facial'. Os interesados poden formalizar a súa inscripción a partir de hoxe nas oficinas do departamento de Cultura, tendo en conta que hai un cupo de 20 prazas.

Te puede interesar