Os nenos de Piñor contarán con obradoiros en Semana Santa

O Concello de Piñor organiza obradoiros infantís para Semana Santa. Como cada ano, ofrécense unha serie de actividades lúdico-educativas, enfatizando na orixinalidade para así promocionar o bo aproveitamento do tempo de lecer dos cativos á vez que se facilita a conciliación da vida familiar e laboral dos pais.
Nesta ocasión, os nenos (cunha idade mínima de seis anos) desfrutarán do I Xantar Saudable, que será dende as 11,00 ás 16,00 horas. Mediante cine, xogos e talleres, tratarase de inculcar ós cativos hábitos saudables. Tamén participarán na elaboración dun xantar saudable, que posteriomente degustarán tódolos asistentes.

Outras actividades serán o 'Galego no cine', de 10,30 horas á 13,30, e un obradoiro de psicomotricidade e relaxación, das 11,00 ás 13,00 horas. A educadora familiar e psicóloga do Concello levará a cabo esta actividade por primeira vez cos cativos, incidindo en aspectos como a psicomotricidade e o control do propio corpo (prevención de caídas e xogos deportivos) e ensinando ós cativos como relaxarse.

Te puede interesar