As obras xa están moi avanzadas para a dotación dos servizos básicos, beirarrúas e asfaltado
O Concello do Carballiño invirte 146.000 euros na urbanización da rúa Ben-Cho-Shey. As obras xa están moi avanzadas para a dotación dos servizos básicos, beirarrúas e asfaltado. As beirarrúas terán dous metros de ancho e a calzada será de 10. A rúa será de dirección única para poder dispor de aparcamentos. n