Novas Xeracións pon en marcha a organización no Concello de Cea

A futura presidenta de Novas Xeracións, Beatriz Jurado, e o presidente autonómico da organización xuvenil do PP, Javier Dorado, asistiron onte xunto co presidente provincial popular, Manuel Baltar, á constitución desta formación xuvenil no Concello de Cea. Coa presenza de preto dun centenar de mozas e mozos do contorno, a presidenta provincial de NN.XX. de Ourense, Jackeline Fernández, dixo que este encontro 'enmárcase dentro da ilusión, o compromiso e a organización que estamos a desenvolver para potenciar a organización política xuvenil máis importante de Ourense'.
No acto, Rubén Nóvoa Castro foi proclamado presidente de NN.XX. de Cea.

Manuel Baltar dixo na súa intervención que o PP da provincia 'cre no potencial e no compromiso dos novos valores políticos do partido en Ourense, de aí a importancia de contar coa xente nova para fornecer o noso proxecto político, caracterizado polo equilibro entre a renovación e a experiencia'. Neste ano, constituíuse a xunta local de O Barco, creouse na Peroxa e renovouse en Barbadás.

Te puede interesar