O obradoiro de emprego crea un invernadoiro no Parque municipal

O obradoiro de emprego do Carballiño procede a habilitar na antiga casa do 'Peón caminero', ubicada na Avenida do Parque, o primeiro invernadoiro municipal, que se utilizará para surtir de plantas ós espacios públicos da vila, segundo sinalaron as autoridades locais. É un dos proxectos deste taller de emprego, que tamén acondiciona a rotonda da intersección de Martínez Avellanosa coa travesía da N-541.
Por outra banda, o equipo de forxa xa realizou a montaxe da pérgola prevista para a Praza do Emigrante, que se instala co fin de dispor de un espazo cuberto en dita praza.

Te puede interesar