Obras de mellora nas estradas
do Carballiño 
e O Ribeiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita as obras de mellora de sete estradas da provincia de Ourense, entre as que están a OU-504, entre Ribadavia e Cea; a OU-531, de Xinzo a Cortegada e a OU-801,de Ribadavia a Ponte Barxas, ademáis da OU-301, OU-304, OU-320 e OU-540, encadradas dentro da Rede Primaria e Secundaria da Xunta de Galicia.

O obxecto principal destes traballos é mellorar o estado do firme existente con solucións localizadas definidas en función das necesidades de cada estrada nun período de catro meses, para o que se destinará un orzamento de máis de 1,1 millóns de euros. As obras consistirán no fresado en determinadas zonas e á reposición con mestura bituminosa en quente.

Te puede interesar