A oposición de O Irixo solicita un pleno extraordinario

A oposición pediu un informe de legalidade ao secretario municipal para evitar que o alcalde insista en non deixar defender as mocións  como sucedeu nun pleno anterior. 

Os tres grupos da oposición do Concello do Irixo (PSdeG, Polos Veciños e Fai O Irixo) solicitaron un pleno extraordinario con un total de 21 asuntos para tratar, entre os que figuran todas as mocións que non foron incluídas nas sesións ordinarias. Así, a primeira moción da orde do día será para que o alcalde como presidente do pleno "recoñeza a súa obriga legal de permitir a lectura e defensa das mocións presentadas por tódolos membros da corporación que sexan traídas ao pleno de forma ordinaria ou extraordinaria", segundo sinala o portavoz socialista Iago Fariñas.

A oposición pediu un informe de legalidade ao secretario municipal para evitar que o alcalde insista en non deixar defender as mocións como sucedeu nun pleno anterior. 

Te puede interesar