A oposición ve falla de interese do Concello para a investigación da xestión da canceira

Instalaciones de la perrera municipal de A Medela. (Foto: Martiño Pinal)
Os grupos da oposición na Corporación carballiñesa consideran que o goberno municipal ‘non ten interese nin vontade’ en que saia adiante a comisión de investigación sobre a canceira da Medela, á espera dun informe encol da súa validez xurídica.
Os integrantes da recén constituida comisión de investigación sobre a xestión da canceira municipal do Carballiño, ubicada na Medela, están á espera da elaboración dun informe da secretaria do Concello encol da validez xurídica no Regulamento de Funcionamento das Corporacións Locais (ROF).

Namentres, o voceiro ‘popular’, Argimiro Marnotes, sinala que ‘iste informe xa tiña que estar feito antes do pleno extraordinaria no que se acordou crear esta comisión, o pasado 26 de marzo’. O concelleiro do PP apunta que ‘ou daquela o goberno municipal non o sabía ou iste é un xeito de dilatar no tempo iste proceso’.

Pola súa banda, María Jorge de Cabo, representante do BNG, considera que ‘semella que se quere facer ó traxe á medida do morto, xa que aínda que xuridicamente non se contemple a figura da comisión investigadora, o equipo de goberno debería ter a vontade suficiente para aclarar esta cuestión’.

A negativa do grupo ecoloxista ‘Outeiro’ -que xestionou a canceira ata xaneiro de 2008a colaborar con esta comisión pola presenza nela do edil nacionalista Bernardo García foi explicada tamén onte polo seu presidente, Francisco Valeiras. ‘A nós gustaríanos aportar datos, pero este señor é tamén membro de Adega, asociación contra a que presentamos unha querella xudicial, e ó mellor terá que responder ante o xuiz ás preguntas dos nosos avogados’.

Ó respecto, Argimiro Marnotes indicou que ‘pode ser entendible a postura de Outeiro, pero tampouco é lóxico que Bernardo García quede fóra da comisión’. María Jorge de Cabo sinala que ‘non é de recibo que os antigos xestores da canceira non queiran colaborar por iste motivo’.


Te puede interesar