A organización da 'Andaina do Oso' de Oseira fará un sorteo

A asociación Terra de Osos organizará o vindeiro domingo 17 de xuño a sexta edición da 'Andaina do Oso', na que se ofertan tres itinerarios de 9, 15 e 23 kilómetros polos sendeiros da Serra Martiñá e o parque natural de Pena Veidosa. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden face-la súa inscripción, que custa 10 euros, no Ximnasio Kórpore do Carballiño ou na páxina de internet www.turininsport.com, sempre coa data límite do 14 de xuño.
A organización sorteará entre asistentes á marcha o aloxamento dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural 'As casiñas da avoa Carlota' e dunha cea íntima no mesón 'Casa Cruceiro'. O obxectivo desta andaina é dar a coñecer a riqueza paisaxística e etnográfica das montañas que limitan as provincias de Ourense e Lugo, con punto de partida no campo do Casledo, en Oseira.

Te puede interesar