termalismo

Ourense é un modelo de termalismo en Colombia

Acto de clausura do curso na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.
photo_camera Acto de clausura do curso na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.
Profesionais do sector nese país persiguen darlle un enfoque terapéutico

O curso "Termalismo: espacios termales" da Universidade de Vigo desenvolveuse ao longo desta semana en diferentes balnearios tras ser inaugurado no Carballiño. O curso contou coa colaboración da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, e os seus participantes foron na súa maioría empresarios colombianos do sector termal, ademais de laboratorios, firmas hoteleiras, investigadores universitarios e representates do goberno do departamento de Caldas, que está irmandado coa localidade de Caldas de Reis. 

No país colombiano os balnearios son espazos fundamentalmente recreativos, orientados ao lecer, mentres que en Galicia se potencia a saúde e o benestar. Por esta razón, asistiron a este curso para coñecer o modelo termal de Galicia co fin de poder transformar e impulsar o sector no seu país e reorientalo cara unha perspectiva máis terapéutica.

O director do curso, o profesor José Luís Legido, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo, sinala que "Galicia é un referente mundial en termalismo pola diversidade das súas augas mineromedicinais e polo potencial dos centros termais e dende Colombia están moi interesados en coñecer o noso modelo para implantalo alí, onde posúen tamén unha enorme riqueza de augas". Nesta derradeira xornada os asistentes participaron nun encontro con profesionais do sector na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.

Te puede interesar