O 'Outono Teatral' ofrecerá seis espectáculos para tódalas idades

O Auditorio municipal da vila do Arenteiro acollerá dende hoxe e ata o 27 de novembro o 'Outono Teatral', organizado pola Área de Educación e Cultura do Concello do Carballiño, cun total de seis representacións. A concelleira, Asunción Rivero, sinalou que 'nesta nova edición do programa decidimos trasladar ós sábados as funcións que se facían os venres en anos anteriores, co obxectivo de favorecer a asistencia de público'.
A compañía Teatro del Norte será a encargada de levanta-lo telón hoxe, ás 21.00 horas, coa súa montaxe 'La zapatera prodigiosa', baseada en textos de Federico García Lorca e baixo a dirección de Etelvino Vázquez. As sesións infantís desenvolveranse ás 17.30 horas, o 16 de outubro e o 27 de novembro, coas obras 'Konrad, ou o neno que saiu dunha lata de conservas', de Sarabela Teatro, e 'Os Bolechas', de Caramuxo, respectivamente.

Tamén en novembro e ás nove da noite, o monólogo 'Un condón por se pillo!', de Rober Bodegas, o día 6; 'Maté a un tipo', de Bambalinas Asesinas, o día 13, co actor ourensán Serxio Pazos no reparto, e 'A Esmorga', de Sarabela Teatro, o sábado día 20.

Te puede interesar