O Outono Teatral trae á vila 10 espectáculos seleccionados entre os de mellores críticas


O sábado 15 de novembro abrirase o telón para Teatro Malasombra coa representación de ‘Non é tan fácil’.



O próximo venres, sete de novembro, empeza no Carballiño a séptima edición do Outono Teatral, que nesta ocasión presenta un programa de 10 espectáculos, seleccionados entre aqueles que nestes intres están recibindo as mellores críticas.

A concelleira de Cultura, Inmaculada Ucha, manifestou que ‘conseguimos traer algunhas compañías que levábamos tempo intentando que viñeran o Carballiño’.

Deste xeito, o Outono Teatral inaugurase con Produccións A Contrabutaca e a súa obra ‘Robin Hood’ destinada a un público infantil e familiar. ‘É a primeira compañía profesional galega que actuou no teatro Calderón de Madrid’, apuntou Inmaculada Ucha.

Comedia

O sábado 15 de novembro abrirase o telón para Teatro Malasombra coa representación de ‘Non é tan fácil’. Se a programación se inaugura con un musical, este segundo espectáculo é unha comedia que recibiu moitos galardóns e que conseguiu un gran éxito de público e crítica.

O venres 21 de novembro estará no Carballiño Teatro Lope de Vigo, con ‘ide todos ó inferno’, outra comedia que porá en escea este grupo que actúa por primeira vez na vila do Arenteiro.

A clausura do Outono Teatral corresponderalle a compañía ourensana Sarabela Teatro, o venres 28 de novembro que representará o drama ‘Dame veleno’.

Entre tanto, continúa a programación de A Comedia dos Domingos, e a próxima posta en escena está prevista para o día nove de novembro, con Marañao Teatro e ‘O achado do castro’.


Te puede interesar