Os pais e nais de Piñor coñecerán os perigos no uso de internet

O Centro Social de Piñor acolle hoxe, a partir das 18,00 horas, unha nova sesión da Escola de Familia, que acada a súa terceira edición.
Profesionais do Centro Quérote de Ourense impartirán un taller denominado 'Manexando as novas tecnoloxías', no que formarán ós pais e nais asistentes no eido do bo uso de internet, coma ó caso da prevención de certos perigos nas redes sociais, para así poder protexer ós cativos e adolescentes.

Te puede interesar