Os pais temen que se suprima o transporte no próximo curso

A xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego, enviou tres cartas dirixidas ao alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, á directora do colexio público Calvo Sotelo e á Asociación de Nais e Pais (Anpa) informándolles que a Consellería 'garante, en todo momento, a continuidade do transporte escolar'. Nestas cartas, Gallego explica que 'a petición que se lles fai este curso ás familias de que soliciten parada e comedor, ao igual que no resto de colexios de Galicia, é un xeito máis operativo de organizar o transporte dos estudantes'.
Pola contra, os pais siguen manifestando as súas dudas sobre a continuidade do servizo nas condicións actuais para o próximo curso. Aseguran que a consellería ó garantiza para este ano pero non para o futuro, por iso, en principio, manteñen a mobilización prevista para o próximo xoves de partir pais e nenos dende o asilo e ir camiñando ata o centro da Uceira. A Asociación de Nais e Pais están convocando ás familias para que acudan ás 9,30 horas á concentración e despois facer o recorrido ata o colexio para demostrar as dificultades que implica, sobre todo no momento de cruzar a carretera nacional de Ourense-Pontevedra.

A desconfianza en torno ó mantemento do servizo de transporte en sucesivos cursos xurdiu a raíz dun impreso que remitiu Educación ó colexio para que o cubriran os pais a fin de utilizar o autobús, ó mesmo tempo que fixaba condicións, que antes nunca impuxo.

Te puede interesar