O parque de bombeiros terá tres vehículos de emerxencias

O parque de bombeiros para as comarcas do Carballiño e Ribeiro disporá de tres vehículos de emerxencias, cuxo importe global supera o 1,1 millón de euros. En concreto, tratase dun vehículo autobomba lixeiro de primeira intervención (BUL), un vehículo bomba nutriz pesada e un último de rescate en altura. A Xunta acaba de licitar a súa adquisición a través do Diario Oficial de Galicia.
O parque comarcal de bombeiros, que se constrúe no entorno do polígono industrial da Uceira, en Carballiño, comezará a funcionar a principios do ano que vén, sendo o número 25 destas infraestruturas que a Xunta e as Deputacións están a por en marcha en todolo territorio galego. Estes parques comarcais serán unha peza clave do novo mapa de emerxencias de Galicia, ao que lle hai que sumar os bombeiros municipais, Protección Civil e os novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), cuxos convenios de posta en marcha asinaranse a partir desta semana.

A licitación faise mediante procedemento aberto e a data límite de presentación das propostas é o vindeiro luns 20 de maio. A apertura das ofertas que presenten as empresas interesadas será dúas semanas despois, o día 3 de xuño, no edificio da Mancomunidade do Carballiño. O prazo de execución é de nove meses.

Te puede interesar