Patrimonio da o visto bó á mellora do adro da Igrexa vella

Contorno da Igrexa Vella. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Concello do Carballiño xa remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto de execución do embelecemento do contorno da antiga igrexa parroquial de San Cibrao, co fin de que os seus técnicos emitan un informe favorable. As obras consistirán no pavimentado das dúas rúas colindantes (Cesáreo Tizón e Carmen) e da baixada que comunica ambas.
O obxectivo do grupo municipal de goberno é converter en peatonal o tramo desas rúas que vai parello á igrexa, deixando un carril único para o paso de automóbiles. O investimento previsto nos traballos é de 150.000 euros, dos cales o 75% é aportado pola Consellería de Economía e Industria e o resto polo Concello (38.000 euros).

A nivel de Patrimonio, os técnicos municipais están a redactar unha memoria para o acondicionamento do acceso á igrexa da parroquia de Santa Uxía de Lobás, ubicada en Costoia. Os traballos previstos están orientados a adaptar as entradas ó adro ás persoas de mobilidade reducida, así como facilitar o traslado de imaxes nas procesións ou féretros no caso de enterros.

Te puede interesar