Piñor busca voluntarios para loitar contra a exclusión social

O Concello de Piñor pon en marcha o Servizo de Voluntariado Xuvenil 2014. Dende o ano 2011 desenvolve programas de voluntariado destinados á mocidade co obxectivo de implicala na realidade da súa poboación, contando co apoio e financiamento da Consellería de Traballo e Benestar.

Nesta ocasion desenvolverase o proxecto Integra II, que ten como finalidade á loita contra a exclusión social . 

Os voluntarios poderán colaborar no coidado dos fillos das mulleres que se están a formar no Programa Clara, posibilitando deste xeito a súa participación nesta actividade ten como obxectivo formar persoal e laboralmente á mulleres en situación de desemprego para acadar a súa inserción laboral.

Os voluntarios tamén poderán aportar a súa colaboración no no punto de acceso a internet para axudar ás persoas en situación de desemprego na procura de emprego. .

Ademáis, todos aqueles que decidan participar neste servicio de voluntariado xuvenil poderán colaborar na atención da sala de lectura (aberta ó público xeral), en tarefas de fomento da lectura e a cultura entre a poboación inmigrante.

"Animamos á mocidade a que participe nas actividades que máis lles motiven, tendo en conta que poderán dedicar o tempo que podan e consideren oportuno", indican as autoridades.

Te puede interesar