Piñor pon en marcha un programa de conciliación

Será ddende o 22 de decembro de 2021 ó 7 de xaneiro de 2022

O Concello de Piñor levará a cabo o programa Piñor Concilia “Divernadal”, que ofrecerá atención a nenos entre 4 e 13 anos de idade, en horario de 10,00 a 14,00 horas, no Centro Social, dende o 22 de decembro de 2021 ó 7 de xaneiro de 2022 (a excepción do 24 e 31 decembro, e do 6 de xaneiro). 

Os participantes realizarán talleres e xogos moi variados. Por unha banda, o primeiro día, que será o 22 de decembro, terá lugar a xornada de benvida do “Divernadal”, na cal, ademais de contar cun obradoiro de xogos populares denominado “Enredos no Nadal”, a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación provincial de Ourense, tamén terá lugar o espectáculo teatral “Ris Ras”, de Baobab Teatro, que se desenvolverá de 12,00 a 12,45 horas. Unha iniciativa dentro do Programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. 

Finalmente, dende o 23 de decembro ó 7 de xaneiro terán lugar talleres e obradoiros moi variados de xogos musicais, cociña navideña divertida e maquillaxe infantil, entroutros.
Este servizo permite facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares, sendo totalmente gratuito para as familias. Os interesados poden contactar con Servizos Sociais. O covid obriga a fixar o período de inscrición ata o vindeiro 20 de decembro, contando así co tempo preciso para unha organización axeitada da actividade.

Te puede interesar