Un plan destina 17 millóns ó rural da Zona Miño Central

Onte reuniuse o Consello de Zona de Miño Central, enmarcado no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) 2010-2014. Esta xuntanza, celebrada no Centro Comarcal do Carballiño, tivo como finalidade dar conta das propostas recibidas no proceso de participación pública realizado durante todo o mes de marzo e analizar a versión preliminar do plan de zona, que suporá un investimento de máis de 17 millóns de
EUROS.

A maior parte deste investimento estará cofinanciado a partes iguais entre a Xunta

de Galicia e a Administración Xeral do Estado e distribuirase entre distintas actuacións, que abarcan ámbitos como a dinamización, promoción turística e apoio a empresas, con máis de dous millóns de euros. Ademais da mellora da rede viaria, abastecemento de augas, saneamentos e prevención de incendios, para o que se prevé destinar algo máis de catro millóns, así como seis millóns na mellora dos centros de atención sanitaria do rural e en dotacións para a terceira idade. O financiamento de todos os plans de zona en Galicia suporá un investimento de 170 millóns de euros.

Te puede interesar