O CARBALLIÑO

O PP alerta da falta de persoal no servizo de Bo Día Familia

A Concelleira de servizos sociais desminteo e afirma que a empresa está cubrindo todas as baixas laborais

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño alerta do incumprimento da empresa responsable do servicio de Bo Día Familia por non facer as sustitucións do persoal de baixa que, segundo afirman os populares "súpleas unha concelleira".

O PP afirma que o Concello é permisivo cunha empresa externa que ten obrigación contractual, insistiendo en que "non cabe que o persoal que ten que dispor a empresa para este servizo, sexa substituido por persoal do Concello e moito menos por unha concelleira". Nese sentido, este grupo da oposición advirte que "esta situación pode supoñer un grave problema porque no caso dalgún accidente dos nenos a responsabilidade civil podería recaer sobre o Concello e non sobre a empresa adxudicataria do servizo".

A concelleira de Servizos Sociais, Marina Ortega, afirma que a empresa está cumprindo correctamente en canto a cubrir as baixas e que no seu caso nunca fixo ningunha substitución. "Teño alí aos meus fillos e fago visitas e as veces axudo a cruzar aos rapaces para o colexio, como asisto a outras actividades que se desenvolven nesas instalacións", puntualizou.

Te puede interesar