A procesión da Dolorosa abriu a Semana Santa

Os cofrades portan a Virxe Dolorosa, durante a procesión de onte. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Centos de devotos participaron, na tarde de onte, na procesión da Virxe Dolorosa, que marcou a apertura do programa relixioso da Semana Santa no Carballiño. Os integrantes da Cofradía de La Vera Cruz portaron a imaxe dende o seu emprazamento habitual da antiga igrexa parroquial ata o templo de A Veracruz, percorrendo as rúas máis céntricas da vila.
A comitiva estivo presidida polo párroco de San Cibrao, Xosé Benito Sieiro, e tivo como acompañamento harmónico o da Escola de Gaitas do municipio. Ó remate da procesión foi oficiada unha misa no novo templo parroquial.

As persoas que visiten A Veracruz nestes días poderán contemplar no seu interior unha mostra de imaxes sobre a Semana Santa, que foron obtidas en anos anteriores polos socios do colectivo fotográfcio 'O Potiños'. Os actos retomaranse o vindeiro domingo coa Procesión de Ramos, que partirá ás 11,00 horas da igrexa vella e terá unha parada na Praza Maior para a cerimonia da bendición das prantas, antes de continuar o seu camiño ata A Veracruz.

Te puede interesar