O CARBALLIÑO

O PSdeG pide máis limpeza nos colectores 
de Punxín

O PSdeG considera que son necesarios estudos pormenorizados e unha xestión municipal con implicación nos problemas

O grupo municipal do PSdeG en Punxín reclama unhos custos na tasa do lixo directamente relacionados cos servizos prestados e reitera a petición do mes de xullo de que, "xa que CI (Cambio Intelixente) e PP decidiron seguir tendo á Deputación como empresa encargada deste servizo, se cumpran as condicións do pactado, especialmente no referente á limpeza e reparación dos colectores, así como á súa distribución, que debería ser acorde ás necesidades dos veciños do Concello", sinalan.

O PSdeG considera que son necesarios estudos pormenorizados e unha xestión municipal con implicación nos problemas, "sendo moi sinxelo deixar que a Deputación se encargue de todo co fin de levar o menor traballo posible, e que os veciños paguen por elo", afirman os socialistas.

PARTICIPACIÓN

Por outra parte, este grupo da oposición de Punxín considera fundamental a participación dos cidadáns na vida pública. "Non imos a ser contrarios ao que, dende que nos presentamos, propugnamos coma un dos puntos básicos da nosa política: integrar a todos os veciños na xestión municipal. Esta foi a nosa pretensión neste mandato e así o vimos demostrando, ao  considerar importante a participación veciñal na comisión municipal de abastecemento,  saneamento e depuración da auga, considerando este coma un servizo esencial, sobre todo,  para o noso Concello", engaden.

Nese sentido, este grupo demanda do goberno municipal que fomente a participación dos veciños na vida municipal.

Te puede interesar