O PSdeG pide a rescisión do contrato da auga en San Amaro

O grupo municipal socialista do Concello de San Amaro reclama a inmediata rescisión do contrato coa empresa Geseco, concesionaria do servizo da auga, porque o consideran abusivo e negativo para os intereses do pobo. A oposición califica de escandaloso o canon anual que abona o Concello, que ascende a 147.095 euros, e está en contra da concesión por 25 anos, suscrita no 2009, que suporá un desembolso total de 3.677.391 euros. Os socialistas acusan ó alcalde de favorecer á empresa ata o punto de destinar parte dos cartos do plan de axuste a pagar as súas facturas.
O alcalde, Ernesto Pérez, declarou que o Concello tivo que adiantar os cartos, porque aínda ten pendientes de cobro os recibos dos últimos tres anos por causa dos errores que había no padrón.

Te puede interesar