O PSdeG pide a rescisión do convenio da recollida do lixo

O PsdeG do Carballiño vai pedir ó grupo de goberno a rescisión do convenio coa Deputación para a recollida de residuos, porque no ano 2012, segundo afirman os concelleiros, a recollida de lixo costou 443.671 euros, e agora 'atopamonos que para o 2013 nos vai a cobrar 564.307 euros%'.
O alcalde, Argimiro Marnotes, afirma que 'a oposición fai unha comparación errónea dos costes, porque non ten en conta a deducción de 59.000 euros pola recollida de residuos de reciclaxe en 2012', unha cantidade aínda sin precisar pero que tamén se descontará no 2013.

Te puede interesar