O CARBALLIÑO

O PSdeG reclama explicacións a un edil pola poda dunha árbore

O concelleiro tamén mostraba a súa sorprega "diante deste uso de bens públicos en beneficio dun concelleiro do grupo de goberno"

O grupo municipal socialista de Piñor dirixirase ó alcalde, José Luis González, para pedirlle explicacións sobre a poda dunha árbore por parte da brigada municipal nunha finca do tenente de alcalde, Uxío Rodríguez, cuxo grupo, Veciños de Piñor, forma parte do equipo de gobierno xunto co PP. "Sorprendidos se quedaron varios vecinos de Piñor que estaban nas inmediacións do centro de saúde cando presenciaron como a brigada do concello entrou nunha finca do tenente de alcalde para proceder a podar unha árbore da citada finca", apunta o portavoz do PSdeG, Francisco Fraga.


O concelleiro tamén mostraba a súa sorprega "diante deste uso de bens públicos en beneficio dun concelleiro do grupo de goberno". Por eso, preguntarán se foi o alcalde quen diu a orde á brigada ou se pola contra foi o propio tenente de alcalde, segundo sinalou Fraga. 

Te puede interesar