O PSOE de Carballiño presenta catro mulleres candidatas ás alcaldías

Rafa Villarino, o favorito para a alcaldía (MARTIÑO PINAL).
photo_camera Rafa Villarino, o favorito para a alcaldía (MARTIÑO PINAL).

O PSdeG-PSOE de Ourense presentou onte as súas candidaturas na comarca do Carballiño, nun acto que contou coa presencia dos candidatos e candidatas da comarca, que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafa Villarino; pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega, e por outros cargos institucionais socialistas, así como por militantes da contorna.

Os actuais alcaldes do Carballiño, Paco Fumega, e de Maside, José Manuel Iglesias Araujo, repiten como candidatos, ao igual que o actual portavoz no Irixo, Iago Fariñas Valiña, e a portavoz en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez. Os socialistas estrean novas candidaturas en varios concellos como Boborás, no que encabezará a lista María Luisa Lorenzo; en San Amaro, María Jesús Fernández asume o reto de acadar a alcaldía; e en Piñor, onde a candidata será Almudena Fernández. Os socialistas aseguran que tamén teñen pechada a candidatura de San Cristovo de Cea, que darán a coñecer en próximos días.

Dende o PSdeG-PSOE ourensán sinalan que as mulleres socialistas “cobran un especial protagonismo nesta comarca”, na que haberá catro candidatas en catro dos oito concellos da bisbarra. Neste sentido subliñan que a súa aposta “é aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas”.

Te puede interesar