O PSOE reclama unha segunda matrona no centro sanitario de Carballiño

MARINA ORTEGA OTERO. (PSdeG / Ourense)

Ourense (1983). Licenciada en Psicología- Secretaria de Políticas Sociais da CENG do PSdeG-PSOE. Diputada Nacional.
photo_camera MARINA ORTEGA OTERO. (PSdeG / Ourense) Ourense (1983). Licenciada en Psicología- Secretaria de Políticas Sociais da CENG do PSdeG-PSOE. Diputada Nacional.
Ortega urxiu a reforzar este servizo para Carballiño por canto é unha das localidades con maior natalidade 

A parlamentaria socialista Marina Ortega reclamoulle á Consellería de Sanidade que incremente unha praza de matrona no Centro de Saúde do Carballiño. Ortega presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que se dirixiu ao director xeral de Asistencia Sanitaria para reclamarlle que aumenten a atención xinecolóxica a un mínimo de tres días á semana, reforzando os servizos de Xinecoloxía e de Pediatría.

Ortega urxiu a reforzar este servizo para Carballiño por canto é unha das localidades con maior natalidade nunha provincia na que a caída demográfica está a ser un problema de primeira orde. A responsable socialista presentou no Parlamento unha demanda unánime nun concello con máis de 14.000 habitantes, cabeceira dunha comarca que suma preto de 30.000 habitantes, e lembrou o acordo parlamentario de hai máis de un ano para ampliar a cobertura sanitaria na comarca.

Explicou que a matrona titular da única praza está de baixa dende fai moito tempo, e ten que ser cuberta con outras profesionais, que ofrecen un servizo acaído pero que require do incremento dunha praza a maiores. 

Ademais, o servizo de Pediatría tan só abre en horario de mañá, e advertiu que “non existe en horario de urxencias”, obrigando a desprazamentos ata o Hospital de Ourense.

Te puede interesar