O PSOE pide barreiras de seguridade no Irixo de Arriba

O grupo municipal socialista de O Irixo insta ao Concello á colocación de varandas, barreiras de seguridade e á urbanización con beirarrúas ou senda peonil na estrada ao seu paso por Irixo de Arriba, dende o colexio público ata o cruce da estrada de acceso a Parada, Nogueiroa, A Cidá, Froufe ou Espiñeira, entre outros. As numerosas curvas, o estreito da calzada e varios desniveis fan preciso intervir nela, segundo apunta o grupo do PSOE. Nese sentido, o portavoz socialista, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción.

Te puede interesar