O PSOE pide a dimisión de Marnotes pola Pokemon

Ante a ratificación das acusacións por presunta corrupción na concesión de contratos municipais -dentro do caso da Pokemon-, da xuiza de Lugo Pilar de Lara, contra o alcalde do Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, o partido socialista 'suxire a necesidade de que o alcalde dimita e deixe paso a outro concelleiro do seu grupo no timón do Concello'.
O PSOE explica que 'na peza número 9, adicada en exclusiva ao Concello do Carballiño, a xuiza aprecia ilegalidades na contratación do servizo de desbroce de camiños municipais', razón suficiente para que 'o alcalde se explique nun pleno'.

Te puede interesar