O PSOE rexeita en Carballiño a ordenanza de axuda no fogar

O grupo municipal socialista do Carballiño reprocha ó equipo de goberno do PP a aprobación da nova ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar, 'un intrumento normativo polo que a Xunta obriga aos concellos a facerse cargo do servizo de coidados a domicilio asi coma o desenvolvemento e xestión dos dependentes', manifestan os ediles da oposición.
Nese senso, engaden que 'pasamos dun modelo no que a financiación Estado-Xunta era compartida e as dotacións suficientes (aínda que sempre mellorables) a un modelo no que a Xunta só se fai cargo da xestión dos usuarios que acadaron a declaración de dependentes e mentres os que no , os usuarios dos denominados servizos básicos ou de libre concurrencia, son relegados no tocante á súa financiación ás Deputacións e Concellos'.

Te puede interesar