Os rapaces inscritos no campus deportivo de xullo desplazaranse ás piscinas de Maside

A decimocuarta edición do campus deportivo ‘Impulso’ do Carballiño celebrarase ó longo do mes de xullo de luns a venres e de 10.00 a 13.30 horas, segundo anunciou o responsable desta área municipal, Manuel Dacal.

Fútbol, fútbol sala, baloncesto, tenis e balonmán son alguns das modalidades que poderán practicar as rapazas e rapaces de 7 a 14 anos no pavillón Paco Chao, ademais de senderismo, xogos populares e de feira, teatro, rutas de orientación e ‘karaoke’.

O prazo de inscripción abrirase o vindeiro venres para un máximo de 100 xóvenes, que deberán abonar unha cuota de 30 euros por quincena ou 40 euros polo mes completo. Manuel Dacal sinalou que ‘as piscinas municipais permanecerán pechadas en xullo debido ás obras de reforma que se están a levar a cabo, e por elo asinamos un convenio co Concello de Maside para que os participantes no campus poidan desplazarse en autocar ata o complexo deportivo de A Rañoa, ó menos dúas veces á semana’.

O concelleiro de Deportes lembrou onte que ‘este sábado día 6 temos prevista a organización da festa de fin de curso dos alumnos de tódalas escolas deportivas do Concello, que comezará ás cinco do serán no campo de fútbol de Espiñedo e rematará cunha merenda’.

Te puede interesar