Esta obra enmárcase no programa de mellora das areas recreativas infantís do centro urbano
Esta semana quedou rematada a renovación da área recreativa e parque infantil dos Catro Camiños no Carballiño. O proxecto consistiu nunha reforma integral da praza, cun novo pavimento de corcho na zona de xogos e de pedra no resto do espazo; a reparación e acondicionamento dos xogos infantís e do mobiliario, e axardinamento.
Para a execución deste proxecto, o concello contou cunha subvención da Deputación Provincial, que sufragou o custo da obra na súa totalidade, con 50.000 euros.
Os Catro Camiños é un dos barrios máis populosos do Carballiño, cun crecemento significativo nos últimos anos, polo que esta área recreativa prestará un servizo moi demandado polas familias con nenos e as persoas maiores que residen no seu arredor.
Esta obra enmárcase no programa de mellora das areas recreativas infantís do centro urbano.